22 Mar 2017 Alumnado de 1º e 2º da ESO asisten a unha posta novidosa e atractiva, con música, danza e vídeo, que ten coma fin contribuír á visibilidade da muller

Hoxe ás 12.00 na Casa da Cultura de Tomiño, tivo lugar a actuación do grupo de música hip hop “Beehive”, de Vigo, para alumnado do IES Antón Alonso Ríos; actuación que fora cancelada o pasado día 9 por mor da folga educativa.

Alumnado de 1º e 2º da ESO, asistiron a unha posta novidosa e atractiva, con música, danza e vídeo, que tiña coma fin contribuir á visibilidade da muller, concretamente, na cultura hip hop.

Por outra banda, este xoves darán comenzo os obradoiros de Igualdade para alumnado de primaria. Con estas actividades rematamos a programación do mes de marzo con ocasión do Día Internacional da Muller.

 



X