09 Mai Amplíase o prazo para participar no “Proxecta Tomiño”, o concurso de vídeo que convoca o Concello, co apoio do Obradoiro de Emprego de Dinamización Turística
“Proxecta Tomiño”, o primeiro concurso de vídeo sobre Tomiño que convoca o Concello, co apoio do Obradoiro de Emprego de Dinamización Turística, vén de ampliar o seu prazo de admisión de traballos, até o día luns 15 de maio, co fin de fomentar a participación da veciñanza.
OBXECTO
O concurso de vídeos pretende dar a coñecer os recursos turísticos do territorio, para que a poboación local e visitantes poidan apreciar o valor do patrimonio e se involucren na súa protección, coidado e difusión.
PARTICIPANTES
Poboación local e visitantes. terán que elaborar un vídeo que inclúa diferentes recursos turísticos de Tomiño.
A participación suporá a aceptación das bases e a cesión do material.
TEMÁTICA
Video promocional dos recursos de Tomiño que recolla diferentes elementos do patrimonio cultural, medioambiental, histórico; recunchos con encanto, etc.
Establécense diferentes categorías:
- Festas e eventos culturais, deportivos, etc.
- Xente, folclore e costumes.
- Patrimonio histórico-artístico.
- Natureza, paisaxe e sendas.
- Gastronomía.
Máis información e inscricións: