Arquitectura Indiana en Tomiño

escola-union-porvenir
logo-arquitectura

A arquitectura indiana concéntrase principalmente nas comunidades de Galicia e Asturias, aínda que tamén hai exemplos notables no resto da cornixa cantábrica, aportando un valor único ao patrimonio cultural dos lugares nos que se sitúa, como é o caso do concello de Tomiño.

 

As construcións, concentradas maioritariamente entre o último terzo do século XIX e o primeiro do XX, abarcan diferentes tipoloxías e funcións, comprendendo edificios públicos e privados, como escolas, salóns, casas consistoriais, lavadoiros, vivendas particulares ou palcos de música, entre outras, financiadas por emigrantes que regresaban de América con aforros, a maioría, e con fortunas, uns poucos.

 

Hai que salientar destes inmobles, ademais do valor arquitectónico, o significado que tiveron na realidade social do momento, xa que grazas ao envío de capital dende América nas zonas de onde eran orixinarios os emigrantes produciuse un progreso económico, educativo, agrícola e social.

Mapa

Ver en:

Googlemapslogo-200x200

Google Maps

google-earth

Google Earth

Catálogo Arquitectura Indiana en Tomiño
As Escolas

A proliferación da creación de novos centros educativos en Galicia no primeiro terzo do século XX está vinculada ao fenómeno da emigración a América, que dende mediados do século XIX se incrementara cuantitativamente. Tomiño non foi alleo a esta corrente  e viuse beneficiado pola construción de seis escolas, aínda que actualmente só se conservan cinco: Escola Aurora del Porvenir, Escola de Cristelos, Escola Hispano- Americana Goianesa, Escola da Fundación Peirópolis e Escola de Taborda-Piñeiro. Convértese así, tras os concellos de A Estrada, Lalín e Vigo, no cuarto que máis institucións de ensinanza de orixe indiana conserva da provincia de Pontevedra.

 

Os emigrantes retornados, a través das asociacións das que formaban parte, lograron crear escolas en inmobles deseñados e levantados con este fin; contrataron a mestres segundo méritos e apostaron por uns programas académicos progresistas e laicos.

 

Estreitamente vinculados ao movemento do agrarismo, estes centros educativos ademais de impartir materias como aritmética ou lingua, tamén potenciaban outras ensinanzas máis enfocadas ao mundo laboral, coma aquelas que tiñan que ver coas técnicas agropecuarias ou con actividades comerciais como contabilidade, mecanografía ou redacción de cartas comerciais. As actividades complementarias eran variadas, xa que se programaban conferencias, excursións e actividades lúdicas ao longo do curso.

 

No que respecta á arquitectura destes edificios, baseouse no pragmatismo, distribuíndo o espazo en aulas, a veces separadas por sexos, equipadas con todo tipo de material escolar, como mapas ou coleccións de minerais; lugares de recreo onde se impartía educación física ou se ocupaba o tempo de lecer; bibliotecas, laboratorios dotados con instrumental; dependencias para as vivendas dos mestres; hortas nas que levar a cabo experimentación agrícola ou obradoiros nos que aprender un oficio.

 

No deseño destas construcións primaba a funcionalidade e buscábase para emprazalas lugares aireados, xa que a hixiene e a salubridade eran dúas das premisas nas que se baseaban estes edificios, como o era nos domésticos, polo que era frecuente que houbese aseos e auga corrente, e que estiveran orientadas o máximo de horas posible cara a luz do sol. Procurouse que se situasen nas parroquias máis poboadas ou nun punto equidistante para dar o mellor servizo posible.

O proxecto e bibliografía
  • Actas do Congreso Emigración e Educación (1900-1936). I Centenario das Escolas da Unión Hispano-Americana Valle Miñor (1909-2009), Instituto de Estudios Miñoranos, Gondomar, 2011.
  • Arquitectura e indianos na cidade de Vigo e bisbarra, Instituto de Estudios Vigueses, Vigo, 2013.
  • Blanco Rodríguez, Juan Andrés, El asociacionismo en la emigración española a América, Uned Zamora, Zamora, 2008.
  • Braña, Alejandro, Asturias, tierra de indianos. Rutas para descubrir su legado, Nuevedoce, Gijón, 2010.
  • Braña, Alejandro, La travesía de la memoria. Interiores de casas de indianos en Asturias, Nuevedoce, Gijón, 2014.
  • Braña, Alejandro, Un viaje en el tiempo. Recorridos por las casas de indianos, Nuevedoce, Gijón, 2009.
  • Cabana González, Marina, Arquitectura indiana en Galicia. Las rías de Ares y Ferrol, 1997.
  • Cabano Vázquez, Ignacio, El Pasatiempo. O capricho dun indiano, Caderno do Seminario de Sargadelos, Ediciós do Castro, Sada, 1998.
  • Cagiao Vila, Pilar, “Cinco siglos de emigración gallega a América”, Historia general de la emigración española a Iberoamérica, vol. 2, págs. 293-316.
  • Cagiao Vila, Pilar, Galicia nos contextos históricos, Universidade de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela, 2000.
  • Cagiao Vila, Pilar, La emigración gallega a América del Sur, Hércules de Ediciones, A Coruña, 2013.
  • Cagiao Vila, Pilar, La huella de Galicia en América a través de la emigración, Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento, Santiago de Compostela, 2005.
  • Cagiao Vila, Pilar, Muller e emigración, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1997.
  • Cagiao Vila, Pilar, “Un século de estudios galegos. Galicia fora de Galicia”, Actas do VI Congreso Internacional de Estudios Galegos, Universidad de La Habana, vol 2, 2000.
  • Cagiao Vila, Pilar, “Veinticinco años de investigación sobre la emigración Gallega a América”, Minius. Revista do Departamento de Historia, Arte e Xeografía, nº 17, 2009.
  • Campos Álvarez, José Ramón, “La emigración gallega a América (1880-1930). Integración y retorno”, en Minius, II-III, 1993.
  • Casas de indianos, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 2000.
  • Casas de indianos. Pontevedra, Secretaría Xeral de Emigración, Santiago de Compostela, 2009.
  • Castrillo Sagredo, Benito, El aporte de los indianos a la instrucción pública y su historia hecha en “La Prensa” de Buenos Aires, Oviedo, 1926.
  • Castro, Xavier, “Contribución a la historia de los indianos en Galicia”, Boletín Auriense, ano XXVI, t. XXVI, 1996, p. 193-203.
  • Costa Rico, Antón, Aproximación a la historia de la enseñanza primaria en Galicia en el primer tercio del siglo XX (1898-1936) (tesis doctoral), Universidad de Salamanca, 1983.
  • Costa Rico, Antón, As escolas dos americanos, Revista Galega de Educación, nº53, 2012, págs. 42-46.
  • Emigrantes, caciques e indianos. O influxo sociopolítico da emigración transoceánica en Galicia (1900-1930), Xerais de Galicia, Vigo, 1998.
  • Galicia y América. El papel de la emigración, Deputación Provincial de Ourense, Ourense, 1990.
  • González Álvarez, Sandra; Malheiro Gutiérrez, Xosé Manuel, Legado sociocultural da emigración galega, Consellería de Emigración e Cooperación Exterior, Santiago de Compostela, 2002.
  • Indianos. Arquitectura da emigración na península de Bezoucos, Ares, Cabanas, Fene e Mugardos, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Comisión de Cultura da Delegación de Ferrol, Ferrol, 2000.
  • Jorge Pereira, Natalia, “Antón Alonso Ríos no agrarismo tomiñés (1931-1936)”, Murguía. Revista Galega de Historia, nº 33, 2016, págs. 53-74.
  • La emigración española a Amércia (siglos XIX y XX). Dimensión y características cuantitativas, Júcar, Gijón, 1994.
  • Louzao Martínez, Francisco Xabier, Historia de la arquitectura en Galicia. Del Neoclasicismo a la autarquía, Universidade da Coruña, A Coruña, 2015.
  • Klein, Herbert, La emigración española en Brasil. Siglos XIX y XX, Archivo de Indianos, Colombres, 1996.
  • Malheiro Gutiérrez, Xosé Manuel, “A emigración galega a América. Sociabilidade, política, cultura e educación”, Revista Galega de Educación, nº 53, 2012, págs. 12-21.
  • Malheiro Gutiérrez, Xosé Manuel, “A ‘Escola Americana’ do Val Miñor. Modernización e reforma pedagóxica na Galicia do primeiro tercio do século XX”, Sarmiento. Anuario Galego de Historia da Educación, nº 8, 2004.
  • Malheiro Gutiérrez, Xosé Manuel, “A resposta das clases populares ás eivas educativas na Galiza de entreséculos”, Murguía. Revista Galega de Historia, nº 27, 2013, págs. 107-129.
  • Malheiro Gutiérrez, Xosé Manuel, “Antón Alonso Ríos. Unhas respostas sobre emigración, agrarismo e escola rural”, A Trabe de Ouro. Publicación galega de pensamento crítico, nº 53, 2003.
  • Malheiro Gutiérrez, Xosé Manuel, “As escolas da emigración”, Eduga. Revista Galega do Ensino, nº 52, 2008, pags. 50-54.
  • Malheiro Gutiérrez, Xosé Manuel, As escolas dos emigrantes e o pensamento pedagóxico. Ignacio de Parga e Antón Alonso Ríos, Ediciós do Castro, Sada, 2006.
  • Malheiro Gutiérrez, Xosé Manuel, As fundacións docentes dos indianos nas terras do Deza, Deputación de Pontevedra, Pontevedra, 2000.
  • Malheiro Gutiérrez, Xosé Manuel, Herdanza da emigración ultramarina. Catálogo fotográfico da arquitectura escolar indiana na provincia de Pontevedra, Deputación de Pontevedra, 2005.
  • Malheiro Gutiérrez, Xosé Manuel, “La investigación histórico-educativa en Galicia”, Historia y Memoria de la Educación, nº4, 2016.
  • Malheiro Gutiérrez, Xosé Manuel, “Una nueva luz. La influencia de la escuela argentina en la intervención de los emigrantes gallegos en sus lugares de origen”, Historia de la Educación. Revista Interuniversitaria, nº 26, 2007, págs. 341-366.
  • Morales Saro, María Cruz, Arte, cultura y sociedad en la emigración española a América, Universidad de Oviedo, Oviedo, 1992.
  • Maluquer de Motes, Jordi, Nación e inmigración. Los españoles en Cuba. Siglos XIX y XX, Fundación Archivo de Indianos, Gijón, 1992.
  • Mesquita, Mario, Emigración e exilio nos Estados Unidos de América, Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela, 2015.
  • Naranjo Orovio, Consuelo, Las migraciones de España a Iberoamérica desde la independencia, Catarata, Madrid, 2010.
  • Núñez Seixas, Xosé M., ¿Americanos revolucionarios ou indianos reformistas? Sobre os emigrantes e a política da Restauración (1900-1923), Betanzos, 1995.
  • Peña Saavedra, Vicente, “As escolas de americanos en Galicia. Proxecto e realizacións na comarca de Ferrolterra”, Revista eumesa de estudios, nº 7, 2000.
  • Peña Saavedra, Vicente, “As escolas que viñeron alén mar (Galicia, ss. XVII-XXI). Algunhas réplicas desde terras lusas”, en Revista da Facultade de Letras. Historia, Porto , III serie, vol. 3, 2002, pags. 245-262.
  • Peña Saavedra, Vicente, “As sociedades galegas de instrucción,” Estudios migratorios, nº 1, 1995.
  • Peña Saavedra, Vicente, “Educación y patrimonio cultural. El legado escolar de la emigración gallega”, Pedagogía y construcción de ámbitos de actuación, 2016.
  • Peña Saavedra, Vicente, Las escuelas de americanos y las sociedades de instrucción en Galicia (tesis doctoral), Universidade de Santiago de Compostela, 1991.
  • Peña Saavedra, Vicente, “Los emigrantes transoceánicos como agentes de modernización educativa en el norte peninsular”, La educación de España a examen (1898-1988), vol. 2, 1999, págs 213-246.
  • Peña Saavedra, Vicente, “O arquivo da emigración galega e a recuperación da memoria histórica dos galegos no exterior”, Actas do VI Congreso Internacional de Estudios Galegos, Universidad de La Habana, vol. 2, 2000.
  • Peña Saavedra, Vicente, “Panorámica de la intervención escolar de los emigrantes gallegos a América. Siglos XVII-XXI”, El asociacionismo y la promoción escolar de los emigrantes del norte peninsular a América, 2012, págs. 35-69.
  • Peña Saavedra, Vicente, “Presupuestos socioeducativos para la implantacón de las escuelas de americanos y las sociedades de instrucción en Galicia”, en Historia de la Educación. Revista interuniversitaria, vol. II, 1983, págs. 359-370.
  • Peña Saavedra, Vicente, “Tres aspectos del proyecto escolar de los emigrantes gallegos”, Bordón. Revista de pedagogía, nº 253, 1984.
  • Rodríguez Galdo, María Xosé, Galicia, país de emigración. La emigración gallega a América hasta 1930, Fundación Archivo de Indianos, Colombres, 1993.
  • Sánchez Albornoz, Nicolás, Españoles hacia América. La emigración en masa, 1880-1930, Alianza Editorial, Madrid, 1988.
  • Sánchez Alonso, Blanca, La inmigración española en Argentina. Siglos XIX y XX, Júcar, Barcelona, 1992.
  • Santos Rego, Miguel Anxo, “A cuestión educativa e sociocultural na emigración galega en América”, Grial, t. XXXIII, nº 128, (out.-nov.-dec. 1995), págs. 55-570.
  • Villares, Ramón; Fernández, Marcelino, Historia da emigración galega a América, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1996.

 

Recursos en liña:

 

Arquivo fotográfico