02 Mar 2017 As comparsas tomiñesas arrasan cos premios en Santiago de Compostela, Vigo e arredores

No Entroido compostelán as formacións tomiñesas (Ciklón, Estrelas da Noite e Luces) fixeron triplete, acadando os tres primeiros galardóns

 

As comparsas tomiñesas conseguiron moitos dos primeiros premios dos desfiles de Entroido organizados en Galicia.

O caso máis chamativo foi o de Santiago de Compostela, no que tres das principais comparsas de Tomiño (Ciklón, Estrelas da Noite e Luces) acadaron primeiro, segundo e terceiro premio, respectivamente.

 

Tamén o primeiro premio de Vigo foi para Luces, de Tomiño, coa súa espectacular réplica da ponte Rialto, de Venecia, arredor da que danzaban parellas con traxes de época.

 

Os oitenta compoñentes de Ciklón acumularon no seu haber nada menos que cinco grandes premios coa súa “Ponte en hora”: catro primeiros (Pontevedra, O Rosal, Ames. A Coruña e Santiago de Compostela) e un 2º (Baiona).

 

O palmarés das comparsas tomiñesas non está pechado aínda, xa que continuarán asistindo esta fin de semana a outros desfiles de Entroido (Noia, Celanova, Vilanova de Arousa, etc.), onde poden acadar novas distincións.

 

A concelleira de Cultura, Cristina Martínez, fai chagar os seus parabéns a cada unha das formacións tomiñesas que “co seu esforzo e creatividade, levaron o nome do noso municipio por toda Galicia, con moi bos resultados”.



X