As ecolas de música e teatro tomiñesas visitan os colexios e instituto buscando captar novos talentos

A través dun concerto didáctico, máis de 600 estudantes coñeceron a oferta das escolas municipais

As escolas municipais de música e teatro de Tomiño saíron á rúa durante dous días co obxectivo de conseguir novos estudantes. Para elo, visitaron onte e hoxe cinco colexios de Primaria e o Instituto de Secundaria, ofrecendo un orixinal e atractivo concerto didáctico, no que participaron profes e alumnos/as de ambas institucións.

En primeiro lugar, Tamara Campos, membro de Migallas Teatro e monitora da escola municipal, contou aos estudantes a historia do Pirata Escarapote; un personaxe vertebrador da escola, que vive centos de aventuras da mán dos actores infantís e xuvenís que asistes ás clases semanalmente, todos os martes no Auditorio de Goián.

Seguidamente, varios músicos da Agrupación Musical de Goián, ofreceron un paseo da man do seu director, Pedro Villaroel, que relatou aos escolares a historia de Marcel, un neno que viaxa polo mundo na busca da súa vocación musical.

Segundo explicou Cristina Martínez, concelleira de Cultura, con esta actividade, á que asistiron máis de 600 estudantes de Primaria e Secundaria, as escolas municipais tentan atraer novos talentos, ofrecendo unha oferta ampla e diversificada.

Para máis información ou inscricións, as persoas interesadas poden chamar aos teléfonos do Concello de Tomiño (986 622001/02/03) en horario de mañá (8.00 a 15.00 hs.).