As imaxes do certame de fotografía Viaxando, expostas na entrada do concello de Tomiño O primeiro premio foi para o tomiñés Daniel Álvarez, que gañou coa proposta ‘Namorados no Interrail’

A exposición do certame de fotografía Viaxando pode visitarse nas dependencias do Concello de Tomiño. Durante uns días a entrada do concello acolle as máis de 20 imaxes presentadas para a XI edición deste concurso realizado entre as oficinas de información xuvenil de Tomiño, O Rosal, A Guarda, Baiona, Salceda de Caselas, Gondomar e O Porriño, así como o Espazo Xove de Tui.

Un lugar destacado ten a fotografía gañadora, ‘Namorados no Interrail’, unha proposta do tomiñés Daniel Álvarez Fonterosa, coa que acadou a tablet correspondente ao primeiro premio do certame. Este veciño de Amorín e voluntario no concello de Tomiño, presentou a sñua fotografía no Espazo Xove de Tui.

As persoas interesadas en visitar a exposición poden facelo na entrada do concello de Tomiño de luns a venres de 08.00 a 15.00 horas. A mostra visitará o resto dos municipios organizadores durante os vindeiros meses.



X