As liñas de actuación da estratexia que o grupo de desenvolvemento rural GDR14 presentará á convocatoria LEADER, daranse a coñecer no Rosal

Os 13 concellos participantes presentarán, nun acto simbólico, o documento “Liñas de actuación e Plan de Acción”, elaborado polos técnicos e poboación participante no proceso

Mañá mércores 15 de xuño, os alcaldes e alcaldesas pertencentes ao Grupo de Desenvolvemento Rural GDR 14, presentarán o documento resultado da finalización da segunda fase do proceso participativo de elaboración da estratexia de desenvolvemento local: as Liñas de actuación e o Plan de acción.

Deste xeito, os 13 municipios que forman o grupo presentarán de modo público estes documentos elaborados polo persoal técnico do GDR e poboación participante no proceso, mediante un acto simbólico, que terá lugar na adega Lagar de Fornelos (O Rosal) ás 11.30 horas.

Este constitúe o paso previo a ter o documento que se presentará á candidatura, que recollerá a estratexia local que rexirá o proceso de financiación de proxectos nas convocatorias de fondos LEADER do programa 2014-2020.

 

Máis información: Eva Gil. Técnica do GDR Maiv Baixo Miño.

Tlf. 647 52 19 76

info@eurural.org



X