As Portaxes

ZONA SUR

teton-1

Estamos diante das maiores superficies gravadas do noroeste peninsular, na que hai varios centos de figuras, a inmensa maioría encadrables como arte abstracta ou xeométrica, xa que percibimos a súa forma pero non as asimilamos a ningún obxecto, ser animado ou idea que coñezamos. Así temos coviñas (puntos), liñas, combinacións circulares, cadrados e rectángulos, etc…

En moita menor cantidade hai mostras de arte figurada ou naturalista. Podemos ver unha ampla colección de antropomorfos ou de figuras de homes gravadas con distintos estilos e que conecta a nosa arte rupestre en pedra co conxunto esquemático pintado do resto da Península Ibérica. A riqueza deste gran petróglifo aumenta ao observarmos a variedade faunística que abrangue polo menos dous équidos, con xinete, cánidos e cérvidos.

Neste sector do petróglifo destaca a xigante combinación circular de 2,5 m de diámetro que coroa a parte central e máis alta de toda a composición, gravada cuns sucos anchos e profundos cun afán consciente de perdurabilidade no tempo. Arredor desta combinación é onde aparecen équidos, cánidos e, na parte media da laxe, un cérvido cunhas cornas sobredimensionadas e arrodeado por cánidos configurando unha escena de caza. Nesta parte hai un bo conxunto de antropomorfos moi esquemáticos.

+ info

ZONA NORTE

A zona máis próxima é un conxunto tematicamente compacto de motivos abstractos nos que abundan os circos simples con ou sen coviñas no seu interior e liñas que unen algúns deles.

Pero a parte que máis chama a atención está na zona central aproveitando as dúas caras dun lombo. Pola vertente norte aparece un équido executado con dobre trazo, o que lle dá máis volume ao animal, montado por un xinete armado na súa man esquerda. Aos seus pés hai un pequeno muíño navicular de soporte fixo e coroando a protuberancia hai circos concéntricos moi profundos, grupos ordenados de coviñas e un tetrasquel dentro dun circo con catro liñas paralelas no seu exterior.

Na vertente sur destaca un antropomorfo gravado con moitísimo detalle con cara, tronco, pernas, pés, un interesantísimo escudo oblongo na man esquerda, o brazo dereito erguido e a man aberta coa indicación dos cinco dedos. Ademais, este brazo está superposto a un antropomorfo anterior, máis pequeno e doutra tipoloxía que abunda neste petróglifo e que ten os brazos en arco cara arriba, as pernas tamén en arco e cara abaixo, todo completado cun longuísimo apéndice entre as pernas.

A zona máis próxima é un conxunto tematicamente compacto de motivos abstractos nos que abundan os circos simples con ou sen coviñas no seu interior e liñas que unen algúns deles.

Pero a parte que máis chama a atención está na zona central aproveitando as dúas caras dun lombo. Pola vertente norte aparece un équido executado con dobre trazo, o que lle dá máis volume ao animal, montado por un xinete armado na súa man esquerda.

+ info

Aos seus pés hai un pequeno muíño navicular de soporte fixo e coroando a protuberancia hai circos concéntricos moi profundos, grupos ordenados de coviñas e un tetrasquel dentro dun circo con catro liñas paralelas no seu exterior.

Na vertente sur destaca un antropomorfo gravado con moitísimo detalle con cara, tronco, pernas, pés, un interesantísimo escudo oblongo na man esquerda, o brazo dereito erguido e a man aberta coa indicación dos cinco dedos. Ademais, este brazo está superposto a un antropomorfo anterior, máis pequeno e doutra tipoloxía que abunda neste petróglifo e que ten os brazos en arco cara arriba, as pernas tamén en arco e cara abaixo, todo completado cun longuísimo apéndice entre as pernas.

ZONA LESTE

Non é moi frecuente que as combinacións circulares, as coviñas e outros motivos abstractos estean en rochas tan inclinadas.

Neste cara orientada ao nacente aparecen as coviñas dispostas de maneiras moi variadas e aínda sendo o motivo máis simple que se pode gravar, un simple punto, a combinación de varias delas faino un motivo esteticamente agradable, belo.

Debaixo da gran combinación circular hai longas liñas de coviñas. Non obstante, nesta zona oriental achámolas agrupadas ordeadamente formando cadrados ou rectángulos, varias veces dentro de cadrados e rectángulos concéntricos, figuras escasísimas na arte rupestre atlántica. Témolas tamén contidas dentro de circos e aparecen nalgún caso formando o anel dunha combinación circular, é dicir que a circunferencia no canto de ser unha liña continua é unha liña de puntos coa mesma intención e maior beleza.

A zona está enriquecida pola presenza de varios muíños naviculares de soporte fixo e pequeno tamaño dos que non sabemos a súa utilidade. Estamos no ámbito xeográfico de aparición destes artefactos de soporte fixo, de maior tamaño e con arte na contorna ou na propia rocha, zona que vai do norte de Portugal ao Morrazo e até a altura das Neves polo leste.

Este sector complétase coa presenza de antropomorfos de brazos e pernas en arco cun longo apéndice entre estas.

Bota un ollo ás fotos