24 Ago 2016 Até o día 28 pode visitarse a exposición de pintura de Quico Paz Antón no Centro Social de Estás

A mostra deste artista, escritor e político porriñense forma parte da programación da Semana Cultural da Peregrina

Até o vindeiro domingo, día 28 de agosto, pode visitarse no Centro Social de Estás (Tomiño), a exposición de pintura de Quico Paz Antón, artista, escritor e político porriñense, que amosa parte da súa obra no marco da Semana Cultural da Peregrina.

Na mostra, Paz Antón, fundador do grupo “Na Lúa” e apaixonado pola historia, fai un percorrido por un universo imaxinario con personaxes históricos, músicos de antes e de agora, etc. en óleos de gran colorido.



X