Até o día 8 de maio ás 14h hai tempo para apuntarse no curso de Operador/a de Carretilla impartido no Concello de Tomiño O alumnado que supere con éxito as probas teórico-prácticas, recibirá o título de carretilleira/o

CURSO DE OPERADOR/A DE CARRETILLA (10h)

O alumnado asistente adquirirá mediante formación, cualificación, experiencia ou combinación das mesmas, o coñecemento e habilidades que lle permitan realizar correctamente o traballo asignado. O alumnado que supere con éxito as probas teórico-prácticas, recibirá o título de carretilleira/o.

As persoas interesadas en conseguir este título deberán abonar  90,00€. No xustificante de pago terá que constar o  nome e o apelido+operador/a de carretillas. Logo de facer o ingreso (na conta de LACAIXA ES98 2100 4713 19 0200017762) a documentación terá que ser entregada na oficina da OMIX (A Rocha, 8 -antigo centro de saúde) ou no seguinte correo: eva.acuna@tomino.gal. De non ser así perderase a praza, xa que hai lista de espera.

O curso comeza o día 19 de maio, de 9h a 14h, na Escola Obradoiro de Goián. A parte práctica realizarase o día 26 de maio (a persoa docente informará no seu momento do lugar).