A Cabalgata de Reis sairá o vindeiro luns ás catro e media da tarde dende o Campo do Alivio

A Cabalgata de Reis 2015 sairá o vindeiro luns, 5 de xaneiro, ás catro e media da tarde dende o Campo do Alivio.

Catro carrozas acompañarán As Súas Maxestades, os Reis Magos de Oriente, polas rúas de Tomiño.

Ao finalizar o desfile, haberá caramelos sen gluten para todos e sorteo de agasallos.

A Concellaría de Cultura convida a todos os tomiñeses e tomiñesas a acudir a esta tradicional festa.

 

 

Bases participación:

1ª.-O obxectivo destas bases é regular a participación das entidades/asociacións sen ánimo de lucro, a través de carrozas, na Cabalgata de Reis que organiza o Concello de Tomiño.

2ª.- O prazo de inscrición para participar no desfile será do 1 ata o 5 de decembro do 2014. A inscrición formalizarase no Rexistro do Concello e irá acompañada dunha descrición do deseño da carroza.

3ª.- Soamente se admitirá un máximo de 4 carrozas das presentadas por asociacións rexistradas neste Concello e conforme a orde de solicitude.

4ª.- O desfile será o día 5 de Xaneiro. A saída será ás 16:30 horas dende O Alivio polo percorrido habitual. En caso de choiva, poderá suspenderse ou trasladarse para o día seguinte á mesma hora, a criterio da Concellería.

5ª.- As solicitudes serán segundo o modelo establecido pola Concellería.

6ª.- O tema da carroza poderá facer referencia a algún ou varios dos seguintes temas: reis magos, carteiros reais e paxes .

7ª.- Cada proposta co seu correspondente deseño, que sexa admitida, terá dereito ao “PREMIO DE PARTICIPACIÓN”, por un importe de 1.000,00 €. No caso de que se suspenda a Cabalgata o premio quedará reducido a 200,00 € para cada unha das inscricións admitidas.

8ª.- O feito da presentación da documentación esixida nesta Convocatoria implica a aceptación, na súa totalidade, das presentes Bases; se ben a Concellería de Cultura do Concello de Tomiño resérvase a facultade de interpretalas en caso de dúbida.

Tomiño, a 21 de Novembro 2014

Asdo. Dona Cristina Martínez Souto
Concelleira de Cultura, Deportes e Mocidade

AS PRESENTES BASES FORON APROBADAS POLA XUNTA DE GOBERNO LOCAL NA SUA SESION DO 24
DE NOVEMBRO DO 2014

Folla de inscrición:

folla inscrición