Benestar e Igualdade

O departamento de Benestar é un servizo gratuito dirixido a toda a veciñanza do Concello de Tomiño.

 

Conta con dúas traballadoras sociais, unha educadora familiar e unha auxiliar administrativa, así como un programa específico de igualdade.

 

O seu obxectivo é garantir que calquera persoa poida acceder a unha atención social que lle permita mellorar a súa calidade de vida.

 

Un equipo que traballa pola igualdade e integración, dando resposta ás demandas da poboación pero tamén apostando pola prevención.

 

Para máis información:
Departamento de Benestar, Lugar A Rocha 8
Tel: 986 622 001 – 986 623 211
@: benestar@tomino.gal

A nosa labor durante o 2017

 

Datos recollidos no Plan Concertado

605

persoas que foron atendidas no Programa de valoración, orientación e información.

91

prazas cubertas para nen@s de entre 0 e 3 anos en escolas infantis.

132

ususarios beneficiáronse do servizo de axuda no fogar e dependencia.

570

usuarios participaron no programa de educación familiar.

Coa xente maior

Contamos cos seguintes servizos para axudar á xente maior

 

  • Préstamo de camas articuladas, grúas e muletas
  • Lei de dependencia
  • PNC, pensión non contributiva
  • SAF, Servizo de Axuda no Fogar
  • Servizo Xantar na Casa
  • Teleasistencia domiciliaria
  • Programa balnearios diúrnos, termalismo e vacacións
En familia

Servizos para as familias:

 

  • Carné familiar e Libro de familia numerosa
  • Programa de educación e apoio familiar
  • Bono concilia
  • Tarxeta benvida
Na igualdade
igualdadeCartaz-01

Apostamos pola igualdade

 

Horario de atención xurídica especializada: os mércores de 16:00 a 20:00, con cita previa no 986 622 001.

(Atención e consultas, información de recursos, tramitación e derivación perante outros organismos… )

 

Outros teléfonos de interese

Concello de Tomiño: 986 622 001
Servizos Sociais Municipais: 986 623 211
Garda Civil Tomiño: 986 622 207
Policía Local: 986 62 20 06 I 616 974 455
Centro Saúde Tomiño: 986 622 562
URXENCIAS: 112
Teléfono da muller: 900 400 273 (24h, gratuito, non deixa rastro telefónico)
Vitimas da violencia de xénero: 016 (24h os 365 días do ano)

 

Información adicional

Apostamos pola igualdade:

 

  • Coordinación de accións para a sensibilización e fomento da igualdade de xénero
  • Plan de igualdade
  • Información e tramitación de recursos
  • Solicitudes de xustiza gratuita
  • Asesoramento xurídico personalizado, violencia de xénero, dereito de familia, etc.
  • Intermediación e derivación a outros servizos

 

Horario de atención cidadá: os mércores de 16:00 a 20:00, con cita previa no 986 622 001.

 

Teléfonos de interese

Teléfono da muller: 900 400 273
Vitimas da violencia de xénero: 016

X