Brais Pereira Amorín consegue a medalla de bronce no campionato de España junior de judo

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, o concelleiro de Deportes, Ismael Troncoso, e o resto do equipo de goberno, queren facer chegar publicamente os seus parabéns ao judoka tomiñés Brais Pereira Amorín, que logrou quedar terceiro no campionato de España junior de judo, celebrado esta fin de semana en Madrid.

Os concelleiros salientan o esforzo deste mozo tomiñés que non deixa de obteñer logros na súa carreira deportiva e o recoñecemento á súa inmensa labor.