Brais Pereira proclámase Subcampión da Copa de España cadete

brais 1 (Copy)

O judoka tomiñés Brais Pereira Amorín, proclamouse esta fin de semana subcampión na categoría de menos de 81kg., na Supercopa de España de judo cadete, celebrada en Vigo coa participación das 16 comunidades autónomas e con representantes de Alemaña, Italia, Portugal e Suecia.

A concelleira de Deportes e Cultura, Cristina Martínez, fai chegar a felicitación do todo o equipo de goberno a este deportista novo, ao que recentemente dedicou unha distinción municipal.

O judoka tomiñés pertencente ao club de judo DO-MAIO, da Guarda, gañou todos os seus combates, sendo so superado no combate final, polo representante portugués.

Brais, que este ano reparte os seus adestramentos entre o CGTD de Pontevedra e o club guardés, e do mesmo xeito que o seu compañeiro Adrián Romeu (que nesta ocasión non puido pasar da primeira rolda), está situado entre o catro mellores do ránking nacional na súa categoría.

Os dous tentarán seguir escalando postos no ránking nacional o vindeiro 1 de novembro, cando participen noutra competición nacional, que se celebrará en Asturias.