05 Mar 2016 Carmela Silva presidirá os actos do Día da Muller organizados polo Concello de Tomiño

A inauguración das actividades, entre as que figuran unha exposición multimedia e un acto conmemorativo, terá lugar o día martes 8 de marzo ás 12 horas no Mercado Municipal

O Concello de Tomiño organiza, co gallo do Día da Muller, a exposición MULLERES EN ACCIÓN: VIOLENCIA ZERO, que terá lugar no Mercado Municipal de Tomiño, o vindeiro martes 8 de marzo ás 12h.

Ao acto de inauguración da mostra asistirán a presidenta a Deputación de Pontevedra, Carmela Silva; a deputada de Igualdade, Isaura Abelairas Rodríguez, e a alcaldes ade Tomiño, Sandra González.

Logo das intervencións mulleres tomiñesas participarán nun acto conmemorativo.

 

 



X