Un experimento, “un primeiro paso e bosquexos para as vindeiras  esculturas grandes”. Así é a exposición ‘Lugares inesperados’, coa que a artista Liliya Pobornikova explora as formas que xorden da imprevisibilidade orgánica e que encherán a primeira planta do Mercado de Tomiño ata o vindeiro...

A Programación de Primavera do Concello de Tomiño continúa esta fin de semana con dúas novas actividades, teatro para adultos e contacontos. Nesta ocasión o escenario elixido para representar ambos espectáculos será o Mercado de Tomiño. A primeira en desembarcar en Tomiño será a Cooperativa Galega...

O Concello de Tomiño continúa coa súa Programación de Primavera, nesta ocasión centrada na loita pola igualdade. A compañía Talía Teatro chega a esta fin de semana á vila cun espectáculo que pretende darlle a volta aos roles e estereotipos de xénero. Será coa representación...

Unha mostra coa que “chegar ao ser humano, á persoa que hai detrás desa figura mítica”. Así explica a súa comisaria, Natalia Jorge, como será a exposición sobre Antón Alonso Ríos que chega este sábado 17 de marzo ao auditorio Lois Tobío de Gondomar. “Búscase...

Un programa de actividades transversal e integrador, no que se lle dá acollida a todas as citas de cultura, deporte e voluntariado, así como as dirixidas á mocidade. Así é a nova Programación de Primavera do Concello de Tomiño, que por primeira vez aglutina todas...

Xa están publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) as bases para as subvencións municipais dirixidas a entidades sen fin de lucro que desenvolven ao longo de 2018 actividades sociais, culturais e deportivas, así como para deportistas individuais. A través destas axudas, o Concello...

O Concello de Tomiño dedicará o mes de marzo ás mulleres e o fará a través dunha programación transversal na que as actividades culturais, deportivas ou artísticas terán unha clara clave feminina e a visibilización do labor diario das mulleres e da loita pola igualdade...

Diminuír o risco de padecer enfermidades, manter un ton físico e cognitivo axeitado e participar de xeito activo na sociedade. Eses son algúns dos obxectivos do programa de maiores Reactívate, un plan de envellecemento activo e de hábitos saudables posto en marcha pola Concellería de...

Achegar a Rosalía de Castro como muller e como escritora á cidadanía, “xa que todo o mundo coñece a súa figura pero non a súa obra”. Ese era o obxectivo co que os e as estudantes de 5º e 6º de primaria do CEIP Barrantes...

Tomiño segue a prepararse para festexar o Entroido por todo o alto e para acoller ás máis de 1.500 persoas que participarán no desfile de comparsas do tradicional ‘Venres de Foliada’. Este ano inscribíronse un total de 26 agrupacións, das que seis foron descartadas, xa...