Tomiño seguirá a celebrar as festas pensando nas persoas máis desfavorecidas cunha xornada de deporte e solidariedade. O Concello organiza o vindeiro 23 de decembro o I Torneo Solidario de Nadal, unha iniciativa que busca unir á veciñanza arredor do deporte e de valores como...

Os comercios interesados en participar poderán inscribirse ata o 1 de decembro ás 15.00 h O Concello de Tomiño mantén o seu compromiso co comercio local e coa dinamización económica da vila, especialmente cando se achega unha das épocas con maior índice de vendas do ano,...

Representantes do Consello da Infancia e Adolescencia de Tomiño, ‘Voces Novas’ alzaron de novo a súa voz no XI Foro de Participación Infantil e Adolescente de Unicef no Parlamento de Galicia, no que afondaron sobre cuestións como a desprotección de nenos e nenas e adolescentes...

Rosalía de Castro chega a Tomiño co seu particular herbario. O Mercado Municipal acolle a exposición ‘O herbario de Rosalía’, unha mostra con imaxes do herbario literario que aparece na obra da escritora realizado polas profesoras da Universidade de Santiago de Compostela María López Sández...

O Concello leva anos traballando para implicar á infancia e mocidade tomiñesa nas políticas e accións municipais O Concello de Tomiño revalida o seu recoñecemento como Cidade Amiga da Infancia. Así o vén de decidir a Secretaría Permanente da Iniciativa Cidades Amigas da Infancia, conformada por...

A adaptación do territorio transfronteirizo aos cambios climáticos e a promoción transfronteiriza da igualdade son dous novos proxectos que a Eurocidade Cerveira-Tomiño implementará ata o 2026. Unhas iniciativas nas que investirán aproximadamente 900.000 euros cofinanciados nun 75% por fondos FEDER a través do POCTEP, en...