A OMIX de Tomiño dá os primeiros pasos para que a mocidade poida consumir produtos da horta cultivados por elas e eles mesmos, favorecendo unha dieta saudable e beneficiando ao medio ambiente. Faino organizando un curso de horticultura ecolóxica, un obradoiro no que o alumnado...

Tomiño promove o empoderamento feminino tamén a través do autocoidado. O Concello pon en marcha o vindeiro sábado 23 de marzo un novo taller de autoestima, un obradoiro de hora e media de duración no que as participantes poderán aprender a construír o seu amor...

Tomiño dá o pistoletazo de saída ao seu ciclo de teatro familiar esta fin de semana. Urdime chega este domingo 10 ao auditorio de Goián con ‘Travesía Unicornio’, unha adaptación ao teatro de Pepablo Patinho do texto de María Canosa, obra gañadora da primeira edición...

Tras os aprazamentos das últimas semanas a causa do mal tempo, Tomiño ten data definitiva para a celebración do seu Venres de Foliada. Tras consensualo coas comparsas participantes e consultar as previsións meteorolóxicas para os vindeiros días, o Concello organizará o tradicional desfile de Entroido...

Contra vento e marea, seis intérpretes navegan xuntas con outras seis artistas galegas nun exótico cruceiro atemporal no que destaparán os seus segredos máis íntimos, as alegrías e as amarguras de crear, para rirse delas mesmas e, sobre todo, da estrutura patriarcal do sistema artístico....

O Concello organiza unha ampla programación para conmemorar o 8M que incluirá talleres formativos para máis de 300 escolares baseados na información recollida no Estudo-Diagnose sobre Igualdade e Violencia Machista no ámbito educativo Tomiño quenta motores para seguir reivindicando unha igualdade real e efectiva este 8M,...