16 Xuñ Tomiño obtén outro coche de policía cero emisións para adicalo a tarefas de seguridade medioambiental O vehículo, financiado polo Fondo de Compensación Ambiental, é híbrido, de tracción 4x4, e foi adquirido mediante o sistema de renting
Tomiño conta cun novo vehículo de policía co distintivo ambiental Eco ou Cero Emisións. Trátase dunha unidade móbil híbrida de tracción 4x4 que se destinará a tarefas de seguridade medioambiental. O vehículo, adquirido en parte (69%) con cargo a unha subvención do Fondo de Compensación Ambiental...