Catorce municipios do tramo internacional do Miño revalidan en Tui o tratado de límites con Portugal O acto tivo lugar na Comandancia Naval de Tui e contou coa presenza da subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba

Catorce municipios miñotos asinaron onte a acta anual de “Recoñecemento das Fronteiras do Río Miño”, unha cerimonia que se celebra desde 1864, cando se fixera o Tratado de Lindes de Lisboa. O acto tivo lugar na Comandancia Naval de Tui e contou coa presenza da subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba. Asistiron tamén alcaldes, alcaldesas e outros representantes das comarcas do Baixo Miño e Condado-Paradanta, así coma os seus homólog@s das cámaras municipais de Caminha, Vila Nova de Cerveira, Valença, Monçao, Melgaço e Valença do Minho.