27 Xuñ 2017 CATRO MEDALLAS PARA OS TEIXUGOS NA 4ª COPA GALEGA DE PROMOCIÓN DE SLÁLOM

Este domingo celebrouse na localidade pontevedresa de Ribadumia, sobre as augas do río Umia, a 4ª Competición da Liga Galega de Promoción de Slálom, ao que o Club Deportivo Miño acudiu cun equipo algo reducido de tan só seis deportistas, pero a pesar diso, aínda foi quen de alzarse con catro medallas.

En K1 home infantil Sergio Rodríguez acadou a primeira posición, obtendo por tanto a medalla de ouro, na mesma categoría Samuel Castro foi sexto e Alexis Segadaes sétimo.

En C1 home infantil Samuel Castro foi bronce e Sergio Rodríguez rematou sétimo.

Alba Soutelo obtivo dúas medallas de bronce en K1 muller infantil e en C1 muller infantil.

En K1 home benxamín Javier Luch foi sexto e en K1 home alevín Adrián Lluch foi oitavo.

Na clasificación final por equipos o Club Deportivo Miño rematou quinto.

Noutro orde de cousas destacar unha nova participación de Luís Fernández coa selección española absoluta. Desta vez na cidade alemá de Augsburg, onde se celebrou a segunda copa do mundo do 23 ao 25 de xuño. O único representante galego na selección española fixo dúas boas baixadas. Tivo dúas opcións para entrar en semifinais, facendo na súa segunda baixada mellor tempo, pero quedando lonxe dos postos de clasificación. Rematou na cuadraxésimo sétima posición, unha boa posición tendo en conta o altísimo nivel dos participantes.



X