CENTO CINCUENTA AXENTES DE GALICIA E PORTUGAL PARTICIPAN NUN SIMULACRO DE RESCATE NO RÍO MIÑO

Trinta servizos de emerxencia de Galicia e Norte de Portugal participaron na actividade. Presidiron o simulacro o conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda e a alcaldesa de Tomiño, Sandra González.

Esta mañá, tivo lugar no embarcadoiro de Goián un simulacro internacional de rescate, no que participaron 30 servizos de emerxencias de Galicia e Portugal. Presidiron a actividade, o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda Valenzuela, o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello Bufill e a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, ademais de varias autoridades portuguesas e da comarca do Baixo Miño.

O simulacro, que comezó arredor das 11 da mañá, estivo coordinado por Axega (Axencia Galega de Emerxencias) e contou coa participación de trinta servizos de emerxencia de ambos os dous lados da fronteira (112, CDOS de Braganza e Viana do Castelo, Garda Civil, GNR, Policía Local, Nacional, Marina, Protección Civil, ambulancias, etc.).

O simulacro consistiu en rescatar a 11 persoas que, supostamente, viaxaban a bordo dunha embarcación de recreo e volcaban en medio do río. Juanjo Muñoz, xerente de Axega, explicou que o simulacro tiña coma obxectivo por en práctica os protocolos de seguridade europeos asinados recentemente en Portugal; coñecer a capacidade real de xestión dos servizos de emerxencias e optimizar as comunicacións co país veciño.

Con estes fins activouse o Plan Territorial de Galicia (Platerga) nivel 1, así coma os pactos de axenda mutua existentes entre España e Portugal.

O balanzo realizado sobre as dúas da tarde foi positivo, xa que todo saíu coma estaba previsto.

Máis fotos no Facebook do Concello de Tomiño

[justified_image_grid preset=1 title_field=off caption_field=off]