Centos de nenos e nenas de Primaria e Infantil coñeceron “in situ” as árbores senlleiras de Tomiño

As visitas, organizadas polo Concello e acuBam, forman parte do proxecto escolar “As nosas amigas as plantas”; actividade de educación ambiental, que cada ano se realiza de forma previa á Mostra de Cultivos do Baixo Miño (a celebrarse os días 4 e 5 de marzo, en Goián)

 comunicacion (27) (Copy)

Ao longo de varias semanas, o alumnado dos colexios de infantil (CRA) e primaria de Tomiño (máis de 600 nenos e nenas) descubriron a riqueza medio ambiental do seu municipio, a través de visitas ao entorno do Espazo Fortaleza de Goián e ás sendas próximas, para coñecer unha das maiores concentracións de árbores senlleiras de Tomiño.

 

Guiados por un experto realizaron un percorrido case circular no que puideron apreciar sobreiros estripeiros, carballos, salgueiros e piñeiros do país.

comunicacion (29) (Copy)

A actividade remataba cunha visita ao campo do Alivio, preto do centro de Tomiño, onde a escultora búlgara Liliya Pobornikova está traballando nunha monumental escultura, baseada no tronco dunha árbore senlleira caída. Esta escultura ten como obxectivo dar unha nova vida a unha árbore moi querida, e con ela facer unha homenaxe a todas as árbores senlleiras. Este foi un dos puntos preferidos polos escolares, que non pararon de facer preguntas sobre a identidade da obra. Algúns vían nas formas do tronco unha balea; outros unha xirafa ou un tobogán xigante. A escultora, con cen simposiums de escultura no seu haber, dicíalles que estaba ben, que cada un podía ver o que máis lle gustara.

comunicacion (31) (Copy)

Emocionados co descobremento, levaban para casa trozos da corteza da árbore. A escultura, de formas abstractas, estará terminada nos vindeiros meses e mentres tanto, será posible comprobar como vai avanzando semana a semana.

O proxecto remata cos debuxos que os pequenos farán logo das visitas e que serán expostos na Mostra de Cultivos a principios de marzo.

 

comunicacion (26) (Copy)