08 Nov 2016 Charla de compostaxe comunitaria en Goián

Impartida por Manuel Gómez Estévez “Lolo”, técnico de compostaxe do programa Revitaliza, da Deputación de Pontevedra, a conferencia terá lugar o día 9 de novembro, no Centro Goianés

 

 Baixo o lema “Participa na compostaxe comunitaria”, a Concellalía de Medio Ambiente, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, continúa coas charlas dirixidas a veciños e veciñas interesados en apuntarse a este programa que ten coma obxectivo, entre outros, reducir o volume de lixo.

Manuel Gómez Estévez “Lolo”, técnico de compostaxe do programa Revitaliza, da Deputación de Pontevedra, será o encargado de impartir unha nova conferencia, mañá mércores 9 de novembro, ás 20.30 horas no Centro Goianés.

Obradoiro reciclaxe 2

Por outra banda, comezaron nestes días nos colexios do municipio, os obradoiros de separación de lixo e reciclaxe organizados polo Concello.

obradoiros reciclaxe

A foto principal corresponde á charla impartida o día 3 de novembro no Salón de Plenos do Concello. As outras dúas aos obradoiros de reciclexe nos coles.



X