Charly López, deportista do Spartan Team de Tomiño, logra o seu pase a semifinais do torneo WBC José Sulaimán Previamente ao combate, o goianés tivo que superar a proba da báscula, para poder competir na categoría de 69 kg.

O goianés Charly López desprázabase a Madrid, o pasado venres, acompañado e secundado por Manuel Jimenez de LVE de Vigo, para disputar o primeiro asalto frente a báscula, e fixar os -69kg na báscula, marcando os 68,200kg.
Xa no sábado, disputaba os cuartos de final, fronte ao competidor local Aron Alhambra; nun combate intenso e moi igualado, aínda que o voto dos xuices foi a favor de Charly, quen desta maneira consegue plaza para a semifinal do prestixioso torneo WBC José Sulaimán.

Dende a Concellería de Deportes, fan chegar a Charly un cordial saúdo, desexándolle o mellor para o seu futuro.



X