Chega a Tomiño esta fin de semana o espectáculo de circo, teatro e humor xestual “Sen Remite”, premiado internacionalmente O Auditorio de Goián acollerá esta obra para todo público, o vindeiro domingo ás seis da tarde

Premio do xurado no Milano Clown Festival, chega o vindeiro domingo a Tomiño o espectáculo de circo, teatro e humor xestual “Sen Remite”, de Jean Philippe Kikolas.

Unha proposta para todo público, que acollerá o Auditorio de Goián, o vindeiro domingo (29 de abril) ás 18.00 horas, e na que se utilizan técnicas de circo, escaleira libre, malabares e un montón de solución para os conflitos que se van presentando.

As entradas Terán un coste de 3 euros para persoas adultas e será de balde para nenos e nenas. Poranse á venda en taquilla, unha hora antes do comezo da función.

O espectáculo forma parte da Primavera Cultural 2018 organizada polo Concello de Tomiño.