Comeza a programación do Outono Cultural 2016

Seis espectáculos de teatro compoñen a oferta cultural do mes de outubro, dentro da programación de outono. Abre o cartaz Teatro do Morcego, o vindeiro domingo 9 (19.00 hs.), con “Os vellos non deben de namorarse”, e pecha o ciclo Carlos Blanco e Luis Davila, con “Menú do día”.

Novembro, en cambio, adicarase á música, con catro concertos sucesivos-

Tamén haberá de maneira simultánea dúas exposicións; unha de fotografía e outra de humor gráfico.

Todos os eventos celebraranse, coma é habitual no Auditorio de Goián, sendo posible mercar as entradas unha hora antes da función.