25 Xan 2016 Cinco ouros para os Teixugos na VII Taça ibérica de Slalom celebrada no día de onte en Covas-Cerveira.

Esta fin de semana tivo lugar en Azenha de Pagade, na localidade lusa de Covas, a VII Taça Ibérica de Slálom, coa que se abre a tempada de piragüismo na modalidade de augas bravas, tanto a nivel autonómico galego como nacional portugués. Nesta xornada de convivencia participaron os clubs galegos e portugueses máis importantes.

Durante a tarde do sábado celebráronse as eliminatorias, cun circuíto difícil e de moi alto nivel, polo que moitos deportistas xa quedaron eliminados de finais ao non superar o tempo de corte.

Ao longo da mañá do domingo tiveron lugar as finais, cos seguintes gañadores; na modalidade de kaiak ou k1masculino: en Infantil, Eduardo Teixeira do ADA de Amarante; en Cadete, Jorge Quintáns do Club Sensiras de Dumbría; en Júnior, Manuel Ochoa dos Teixugos; en Sénior, Ivan Silva do Augas Bravas Club de Amarante; e en Veterano Aaron Rey do Club Sensiras de Dumbría. Na modalidade de kaiak ou k1 Feminino : en Infantil, Ariadna Pereira dos Teixugos; en Cadete Ainhoa Lameiro do C.P. Penedo de Caldelas; e en Sénior Andrea González dos Teixugos. Na modalidade de canoa ou C1 masculino: en Infantil, Borja Martinez CP Penedo de Tui; en Cadete, Miguel Olaya do CP Penedo; en Júnior, Brais Castro dos Teixugos; e en Sénior José Carvalho do ADA Amarante. E finalmente, na modalidade de canoa ou C1 feminino: en Infantil, Ariadna Pereira dos Teixugos; en Cadete, Ainhoa Lameiro do CP Penedo de Caldelas; e en C1 Sénior Lara Silva do Augas Bravas Club de Amarante.

A vista dos resultados as cousas non puideron ir mellor para os Teixugos. O Club Deportivo Miño, rematou con cinco medallas de ouro, curiosamente, non acadou ningunha de prata ou de bronce.

Na clasificación final por clubs quedou en primeiro lugar o Augas Bravas Club de Amarante, segundo O Club Deportivo Miño-Teixugos e terceiros o CP Penedo de Caldelas.

Destacar destas dúas xornadas o elevado nivel dos deportistas participantes e a impecable organización da mesma.

FOTOS: https://picasaweb.google.com/109529194923691483792/TacaIberica2016#



X