CINE familiar E MÚSICA FOLK PARA a SEGUNDA FIN DE SeMANA De “O SON DA PRAZA” O sábado actuará no Seixo a banda de gaitas San Vicente de Barrantes

Esta fin de semana, a programación cultural “O Son da Praza”, chega á súa segunda entrega de “Cine na rúa”, coa película “Mascotas”. Ambientada nun apartamento de Manhattan, as mascotas reúnense tras a marcha d@s seus don@s, para contar humillantes historias sobre elas mesmas e darse consellos para mellorar. A proxección será este venres, 14 de xullo, na Praza da Mina a partir das 22.30 horas.

 

Por outra banda, o sábado, 15 de xullo, a Praza do Seixo acollerá á mesma hora, o “Barrantes folk”, un concerto da Banda de Gaitas San Vicente de Barrantes, e de dúas convidadas: as asturianas “Pola de Siero” e “El Gumial”.