Coches do século XX na 1ª edición da Feira Tomiñesa de Vehículos Clásicos “FEITOCLÁSICA”

Os vindeiros días 25, 26 e 27 de xullo abrirá as súas portas a 1ª edición da Feira Tomiñesa de Vehículos Clásicos “FEITOCLÁSICA 2014”, no Pavillón Multiusos de Sobrada (Tomiño), organizada pola Asociación de Clásicos Populares Baixo Miño, en colaboración co Concello de Tomiño.
José Besada Fernández, José Mª Gude Méndez, presidente da asociación, informou que a feira contará con exposición de vehículos significativos no interior”, así coma de vehículos de mercadillo no exterior, con recambios de pezas, servizo de bar e amplo aparcamento de coches. “Contamos con vehículos de exposición (motos, coches e bicicletas) de comezo do Século XX, que son pezas únicas”, explicou Gude.

A asociación organizou o día 1 de xuño pasado a XV Concentración de Clásicos, en Tomiño, na que participaron máis de cen coches clásicos..

A Asociación de Clásicos Populares Baixo Miño, con sede en Tomiño, é un ente de ámbito rexional, nacional e internacional, que vén funcionando de xeito ininterrompido dende o ano 2000, cumprindo os obxectivos de traballar por e para os vehículos históricos. Participa en eventos promovidos por outras asociacións e organiza concentracións e circuítos culturais.