Comeza a programación cultural e de lecer do Alivio 2016

O luns 5 de setembro da comezo a programación cultural e de lecer co motivo das festas do Alivio 2016. O programa conxuga cine familiar, música, inchables para os máis cativos e durante toda a semana as persoas que se acheguen ao mercado de Tomiño poderán disfrutar dunha exposición de fotos antigas de Tomiño.

As actividades desta semana de festas do Alivio rematarán o domingo 11 cun Acto cívico na Praza do Seixo, onde se levará a cabo a homenaxe como Tomiñés distinguido ao Sociólogo Urbanista Daniel Pino.

Máis información:

Cultura e Servizos Sociais. Concello de Tomiño

986 622 001