Continúa o ciclo de BARFERENCIAS no Mercado Municipal de Tomiño Este sábado o tema será a innovación no sector agroalimentario; co exemplo do calabizo (chourizo vegano de cabaza), unha iniciativa de tres mulleres, seleccionada dentro dos proxectos a impulsar nunha aceleradora de empresas

Tras unha exitosa celebración do Día das Letras Galegas, continuamos cas BARFERENCIAS; charlas de carácter informal, organizadas polo grupo de voluntariado local, e que teñen lugar na cafetería do Mercado Municipal. Centradas na posta en valor do medio rural e no emprendemento social, esta vez falaremos de innovación no sector agroalimentario; co exemplo do calabizo (chourizo vegano de cabaza), unha iniciativa de tres mulleres que foi seleccionada dentro dos proxectos a impulsar nunha aceleradora de empresas. Mañá, sábado 19 de maio, de 12 a 13h.

Aproveitamos para informarvos que, por causas alleas ao concello de Tomiño, tivemos que cancelar o concerto “DE OUTRA MARGEM”, programado para este sábado ás 22h, no auditorio de Goián. Perdoade as molestias.



X