veran-cultural

Continúa o programa cultural de verán “O Son da Praza” Este venres, cine familiar, con Kung Fu Panda 3, e o sábado, XXIV Encontro dos Pobos

Continúa o programa cultural de verán “O Son da Praza”. Todos os venres de xullo, os veciños e veciñas poderán desfrutar á noitiña da proxección de películas de animación ao aire libre, combinando deste xeito o lecer e a vida familiar agora que rematou o curso escolar. O “Cine na rúa”, que se celebra como anos anteriores nas prazas do Seixo e da Mina, é unha das actividades estrela desta programación, e cada ano acada un alto número de participantes, entre os que cabe destacar os máis pequenos e pequenas da familia.

Hoxe venres 21 de xullo, será Kung Fu Panda 3 a película de animación que se proxecte para toda a familia.

Mañá, sábado 22 de xullo, terá lugar o “XXIV Encontro dos Pobos”, no que participarán os grupos Harruckem, de Hungría; Do Lusco ó Fusco, da Guarda; e a Virxe do Alivio, de Tomiño.

Ambos espectáculos, na Praza do Seixo. O cine de hoxe venres, ás 22.30 horas, e do mañá sábado, ás 21.00 horas.