Corazón de Carballo achega aos tomiñeses e tomiñesas ao cultivo ecolóxico nas hortas O enxeñeiro técnico agrícola Luis Miguel González amosará técnicas e procesos para combater as pragas sen empregar produtos químicos

A granxa escola e centro de ocio e tempo de lecer Corazón de Carballo, en Tomiño, acolle este sábado 27 de xaneiro a partir das 19.00 horas unha nova charla, nesta ocasión coa intención de achegar aos tomiñeses e tomiñesas ‘Unha visión diferente para coidar a nosa horta’. O enxeñeiro técnico agrícola e formador Luis Miguel González amosará ao público diferentes técnicas e procesos para combater as pragas deixando a un lado os produtos químicos tan empregados hoxe en día. González falará dende a súa ampla experiencia, xa que  supervisa e oriente numerosos cultivos ecolóxicos e forma parte do equipo de Corazón de Carballo.

Esta charla acompaña ao proxecto educativo co que Corazón de Carballo abriu as súas portas, a exposición ‘Amigo Lobo. Lenda e realidade do Lobo ibérico’, do biólogo e fotógrafo Carlos Sanz, colaborador durante anos de Félix Rodríguez de la Fuente. Todos os visitantes poderán desfrutar ademais dun percorrido didáctico e dinámico polas instalacións da escola no que se tocarán temas relacionados co medio ambiente e a natureza, o coidado da horta, os animais de granxa, enerxías renovables, procesos de compostaxe, elaboración de queixos…

A granxa escola completa a súa oferta con visitas informativas guiadas pola exposición de ‘Amigo Lobo’ os venres e domingos a partir das 19.00 horas da man de expertos loberos de Acopo Fauna. Ademais, o vindeiro sábado 27 de xaneiro haberá unha nova charla, nesta ocasión a cargo de Luis Miguel González, que dará unha visión diferente sobre o coidado das hortas.

Ao mesmo tempo que se realizan as charlas e visitas guiadas haberá un espazo de talleres e actividades con monitores para os nenos e nenas.



X