“Cousas” de Castelao chega a Tomiño

Alumnado do IES de Tomiño gozará do proxecto teatral e literario de Os Quinquilláns e a Editorial Galaxia, a partir do libro Cousas de Alfonso Daniel R. Castelao.

A representación terá lugar o venres 10 de febreiro, ás 12:15 na Casa de Cultura do Concello de Tomiño, onde máis de 200 nenos e nenas do Instituto achegáranse a este clásico da literatura galega, e tamén ao seu autor, Castelao, un dos grandes renovadores da nosa prosa e tamén un dos que mellor entendeu e representou o pobo galego.

Na esencia da obra está a sociedade galega, o retrato dunha época que está afastada no tempo, pois trasládanos aos anos vinte do século pasado, pero que ten moito de global e de atemporal. 

O alumnado asistente á representación teatral recibirá un exemplar escrito da obra.

 

Cruz Garrido, vicedirectora IES Antón Alonso Ríos.