Cruz Vermella Baixo Miño organiza en Tomiño un curso sobre técnicas para a procura de emprego O taller realizarase os días 18, 19, 20, 25 e 26 de setembro, en horario de 09.30 a 14.30 horas, na aula CEMIT de Tomiño

A Asemblea Comarcal de Cruz Vermella Baixo Miño, desenvolverá os próximos días 18, 19, 20, 25 e 26 de setembro, en horario de 09.30 a 14.30 horas, na aula CEMIT de Tomiño, a acción formativa “Técnicas para a procura de emprego”, enmarcada dentro do proxecto “Tomiñoemprego”, realizada coa colaboración do Concello de Tomiño.

Esta acción formativa terá unha duración total de 20 horas, nas que se traballarán contidos coma a  carta de presentación, o curriculum, a entrevista (auntocontrol e control de tensión), etc.

No curso pode participar de forma gratuíta calquera persoa desempregada. Terán preferencia os/as residentes en Tomiño, pero en caso de dispor de prazas libres formalizaremos a inscrición daquelas persoas que non vivan en devandito concello.

Para máis información e reserva de praza as persoas interesadas poden dirixirse á Asemblea Comarcal Baixo Miño. (Rúa Agustín Nandín Lomba, nº1 Baixo. A Guarda. Telf: 986 614609; 606348471, laguardia@cruzroja.es).