“Cultivando paisaxes” continúa a súa andaina e transforma o espazo anexo a estrada xeral á altura de Vilardematos

02_forcadela1_antes

Antes da actuación de Cultivando Paisaxes.

O Concello de Tomiño, a Fundación Xavier Pousa e a Asociación de Cultivos do Baixo Miño (ACUBAM) continúan traballando no proxecto Cultivando Paisaxes; un proxecto singular cuxo principal obxectivo é crear un corredor verde que identifique ao concello de Tomiño coma un dos maiores produtores ibéricos de planta ornamental.

Nesta ocasión o espazo transformado en xardín é a zona colindante a estrada xeral (PO-55”) á altura de Vilardematos (quilómetro 61,5). A actuación transforma o espazo protagonizado pola monotonía cromática do verde escuro típico da masa forestal de piñeiros e eucaliptos que hai detrás.

A zona foi axardinada con lagerstroemia e magnolia “heaven scent”, árbore doada polo Viveiro Casaíta e os arbustos por Viveiros Corema. As plantas (coprosma, eriostemon, azaleas e rhododendro) correron da man de Galiplant e Fonte de Carreiros.

Este espazo virase complentado cunha variedade de cores ao longo de todo o ano facendo deste lugar de paso un lugar agradable e vistoso.Ademáis, vense de repor os arbustos roubados na actuación da ponte internacional de Goián.

A Alcaldesa salientou a importancia deste proxecto que humaniza o entorno e que pode atraer o turismo. Tamén destacou “o traballo conxunto das tres entidades nas que a Fundación Xavier Pousa aporta deseños e proxectos técnicos, ACUBAM fai a doazón de árbores e plantas e a asesoría técnica, e o Concello achega a man de obra, materiais e maquinaria”