Curso de chinés II 2019

banner-curso-chines-2

O concello leva anos apostando polos cursos de idiomas, que sempre teñen aceptación e demanda entre a poboación. Ademais de que aprender outra lingua amplía as nosas habilidades comunicativas e axúdanos a introducirnos noutra cultura (o curso será impartido por unha profesora nativa), o coñecemento da mesma tamén pode abrirnos portas a nivel laboral.

 

O alumnado asistente adquirirá coñecementos básicos comunicativos na lingua chinesa: comprensión auditiva, lectiva, expresión verbal e escrita. Dirixido a persoas con e sen coñecementos previos na lingua.

 

  • Datas: os luns dende o 23/09/19 ata o 27/01/20
  • Horario: de 18:30 a 21:00
  • A partir de 12 anos
  • Escola Obradoiro de Goián
  • Inscrición: 15€

Formulario de inscrición