CURSO PREPARATORIO DAS PROBAS POR LIBRE PARA OBTER O GRADUADO EN ESO VERÁN 2015

O Concello de Tomiño convoca ás todas as persoas empadronadas en Tomiño e interesadas en participar no curso de preparación das probas libres para obter o Graduado da ESO durante o verán de 2015 (convocatoria de setembro), a unha reunión no Salón de Plenos do Concello de Tomiño o próximo venres 26 de xuño ás 12:30 horas.
Os interesados deberán traer, se teñen, unha certificación ou documento que acredite o último curso da educación reglada (ESO, PCPI ou EXB) que aprobaron completo.
Os que teñan graduado escolar, bastaralles con traer unha copia do mesmo.