“Custodia compartida”, un drama francés sobre a impotencia das vítimas de maltrato, abre un novo ciclo do cineclub Poleiro O xoves 4 de outubro, proxéctase "Custodia compartida, no auditorio de Goián, ás 21.30 horas

“Custodia compartida”, dirixida por Xavier Legrand, é a película coa que o cineclub abre o seu ciclo de outono. O filme relata a impotencia das vítimas de maltrato. Comenza coa loita dunha parella sobre a custodia dos dous fillos, de 11 e 18 anos. Un xuíz le a carta , na que o neno insiste en que non quere ver a seu pai, diante das partes e das súas avogadas. Discuten sobre a falta de probas para sustentalo e da veracidade dos argumentos. Premio León de Prata en Venecia, 2017.

Programa:

Xoves 8 de novembro: Get Out (Déixame sair) , unha  película estadounidense, de terror, dirixida por Jordan Peele.  Un retrato do  racismo en EE.UU, disfrazado de cine de terror. Narra dous días de desacougo, cando unha parella interracial vai presentar o mozo negro á familia dela, brancos e acomodados.

Xoves, 3 de decembro: The Square. Película sueca dirixida por Rubén Östlum. Trata sobre a publicidade que rodea unha instalación de arte, e as reaccións que provoca. Premio Palma de Ouro en Cannes, 2017.

Xoves 1o de xaneiro:  “En cuerpo y alma”, comedia húngara; é o séptimo traballo da directora Ildycó Enyedi. Unha inusual historia de amor nun lugar inusual: un matadoiro no que traballan os dous protagonistas.

O cineclub Poleiro  conta co apoio da Concellería de Cultura do Concello de Tomiño e da Federación de Cineclubes de Galicia.

 

 

 

Máis  información Ramón Álvarez. Teléfono: 629735337