Prazas cubertas! – Descubrindo as fortalezas dende o kaiak

O vindeiro mércores 27 de xullo o programa “Tomiño único” brinda a oportunidade de coñecer o patrimonio histórico tomiñés a través dun roteiro guiado en kaiak. As prazas son limitadas, e é imprescindible inscribirse.

Tomiño, 21 de xullo de 2016.- A maxia das fortalezas ribeireñas do municipio tomiñés dende un kaiak. Ésta é a aposta que o programa “Tomiño único” ofrece aos veciños e veciñas que se atrevan a coller o remo e participar da mán de profesionais neste roteiro guiado en Kaiak para achegarnos ao patrimonio histórico da beira do Rio Miño.

As persoas interesadas deberán cumprimentar o seguinte formulario de inscrición dispoñible na web do concello antes do martes 26. A idade mínima é 8 anos. Os menores de idade deberán ir acompañados dun adulto.

Consulta todalas actividades no seguinte cartel: Cartel Tomiño único

Prazas esgotadas!



X