Diminúen os delitos contra o patrimonio en Tomiño

A alcaldesa presidiu este mediodía, xunto ao subdelegado do Goberno en Pontevedra, a Xunta Local de Seguridade

Xunta L. Seguridade Tomiño 1 (Copy)

Tomiño celebrou hoxe ao mediodía unha Xunta Local de Seguridade, presidida polo subdelegado do Goberno en Pontevedra, Antonio Coello Bofill e a alcaldesa de Tomiño, Sandra González.

Ao finalizar o encontro, a alcaldesa salientou entre os temas tratados, a baixada en máis dun 10% dos delitos contra o patrimonio (roubos, furtos, etc.) no municipio durante o último ano.

Na reunión falouse tamén da normativa de incendios e das actividades de divulgación organizadas en centros educativos tomiñeses arredor de temas coma o acoso escolar, o uso das redes sociais, prevención de drogo dependencias, etc.

Por último, resaltouse a “excelente colaboración entre os corpos de seguridade locais” os cales confirmaron que a tendencia continúa á baixa no caso de delitos e faltas, facendo de Tomiño un dos concellos máis seguros da comarca.