Docentes e alumnado de cinco países europeos, que participan nun proxecto Erasmus+ xunto ao IES tomiñés, foron recibidos esta mañá no Concello

A alcaldesa Sandra González, acompañada polos concelleiros de Cultura e Deporte, foi a encargada de acoller ao continxente

Once docentes e once alumnos e alumnas procedentes de cinco países europeos, que participan estes días nun encontro transnacional, dentro do programa Erasmus+, visitaron este mediodía a Casa Consistorial

Acompañado polos seus anfitrións, do IES tomiñés, o continxente foi recibido no Salón de Plenos pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González, e os concelleiros de Cultura, Cristina Martínez, e Deportes, Ismael Troncoso.

Na oportunidade, a rexedora local salientou os principais valores naturais e turísticos da vila, aproveitando para agasallar aos visitantes con libros e artesanía da terra.

Os docentes e alumnado estranxeiro, procedentes de Portugal, Francia, Alemaña, Italia e Grecia, fixeron outro tanto, agradecendo en todo momento as atencións recibidas.