Empeza a programación otoñal, Reacciona! A OMIX pon en marcha obradoiros de Elaboración de Chocolate, Lettering e un Curso de Radio para este outono.

Xa se atopa aberta a inscrición  para participar nos cursos e obradoiros que nesta nova estación do ano propón a OMIX para o público xuvenil.

Un Curso de Radio de gran interés que persegue a iniciación na dinámica radiofónica co fin de poñer en marcha a Radio Mocidade que se instalará no IES Antón Alonso Ríos (22 horas, martes e venres, do 3 ao 27 outubro na Casa da Cultura de Tomiño). Trátase da afondar no coñecemento e dominio da radio como ferramenta de traballo didáctico e de divulgación para a mocidade estudiantil.

Un obradoiro de Lettering , “a arte de debuxar as letras”, unha aproximación a esta atractiva e singular técnica (20 horas, martes e xoves do 10 de outubro ao 7 de novembro na Casa de Cultura de Tomiño).

E, cara ao Nadal ofértase un obradoiro culinario sobre a Elaboración de Chocolate para un achegamento á técnica do manexo e usos deste suculento ingrediente nas súas diversas variantes para unha mellora dos nosos hábitos alimentarios (6 horas, luns do 4 ao 11 de decembro no Mercado de Tomiño).

Máis información: omix@tomino.gal e inscricións: tomino.gal/reacciona