Escolares de Goián coñecen o Concello de Tomiño por dentro

Concello Tomiño Visita ceip Goián 5 Concello Tomiño Visita ceip Goián 4 A alcaldesa recibe aos nenos e nenas no Salón de Plenos e conversa longamente con eles
Escolares do 6º curso de Primaria do Ceip Pintor Antonio Fernández, de Goián, visitaron esta mañá a Casa do Concello de Tomiño, onde foron recibidos pola alcaldesa, Sandra González.
En primeiro lugar, visitaron o Salón de Plenos, ocupando as cadeiras da corporación e falando longamente coa alcaldesa sobre temas de interese cidadán, coma recollida de lixo, colaboración social, educación, etc.

Durante a conversa, a rexedora propuxo aos estudantes, ante unha das preocupacións manifestada por eles, que fixeran un cartel “chulo”, comprometéndose a facelo instalar de forma permanente nas pistas de skate de Goián (a carón do pavillón polideportivo) pedindo aos usuarios que manteñan limpa a instalación.

Logo da charla, o alumnado, acompañados pola directora do centro, visitaron o resto do edificio consistorial, para coñecer cada un dos servizos que se prestan aos cidadáns.

Concello Tomiño Visita ceip Goián 4 Concello Tomiño Visita ceip Goián 6

 

Concello Tomiño Visita ceip Goián 2