23 Set 2014 Escolares tomiñeses visitan a exposición “Catro” e o Simposium de Escultura organizado polo Concello

visita expo 1 (Copy)

A mostra permanecerá aberta ao público até o día 28, coincidindo co simposium

A exposición de escultura dos artistas tomiñeses máis senlleiros, Magín Picallo, Antunez Pousa, Xuxo Vázquez e Nando Álvarez, organizada con motivo das Festas do Alivio, continúa aberta ata o día 28 de este mes na Casa dá Cultura de Tomiño, despois de que o Concello decidira ampliar o prazo ata o remate do I Simposium Internacional de Escultura do Miño, que ten lugar estes días no Espazo Fortaleza.

Nas dúas últimas semanas, escolares de todos os colexios de Primaria da vila, están visitando xunto aos seus profesores a mostra escultórica, na que os catro artistas tomiñeses presentan unha retrospectiva da súa obra. Deste xeito, pasao xa alumnado dos centros educativos de Tebra, Pintor Antonio Fernández (Goián),
Pedro Caselles (Tomiño),
Sobrada (hoxe) e
Barrantes (mañá).

DSCN8818 (Copy) visita expo 2 (Copy)
Tras coñecer a exposición da man dunha guía especializada, os escolares son levados ao Espazo Fortaleza, onde completan a saída cultural cunha visita ao simposium internacional de escultura.

Asemade, a exposición permanece aberta ao público en xeral, en horario de mañá e tarde, logo do éxito acadado e das peticións veciñais recibidas no Concello neste sentido.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, salienta a relevancia de por en valor e visibilizar a riqueza artística da zona, así coma de dar a coñecer ás xeracións máis novas este importante patrimonio inmaterial.



X