Espazo Fortaleza

Durante anos, a maleza ocultou un dos enclaves fortificados mellor conservados da fronteira húmida. A Asociación Eliseo Alonso de Goián e os veciños e veciñas da parroquia, abriron á luz a Fortaleza de San Lourenzo. O Concello de Tomiño, avanzando na posta en valor deste Ben de Interese Cutural, recuperou para uso público parte da contorna.

 

No verán de 2012 abriuse o “Espazo Fortaleza” ao público. Un espazo diferente, deseñado polo arquitecto Pablo Gallego Picard, e que foi distinguido con importantes premios de arquitectura, urbanismo e paisaxe.

 

Desde a súa apertura, foron moitos os veciños e veciñas que visitaron o lugar, procedentes do propio municipio, pero tamén da comarca e doutros puntos de Galicia.

É un dos lugares máis concorridos da comarca e non é de estrañar; a praia fluvial na que se pode pasar un bo día de verán; as terrazas dende onde contemplar as augas do río Miño: o antigo forte no alto coas súas impresionantes murallas… Sen dúbida, un lugar para redescubrir cada primavera e cada verán.

 

O equipamento conta tamén cun parque infantil, bar e un punto de información, o Punto Fortaleza, onde é posible concertar visitas guiadas, en canoa, bicicleta ou a pé, existindo un sistema de audioguías pioneiro na comarca.

X