Esta fin de semana, no Espazo Fortaleza, II Torneo de Balonmán Praia Concello de Tomiño e Campionato Galego Balonmán Praia, coa participación de 94 equipos e case 1000 deportistas

Durante os meses de xullo e agosto haberá tamén, dentro do II Verán Deportivo, campionatos de fútbol praia, volea praia e futvolea praia

Por segundo ano consecutivo, o Espazo Fortaleza de Goián (Tomiño) acollerá o “Verán Deportivo”, con torneos de balonmán, fútbol, volea e futvolea, todos en modalidade de praia.
O primeiro, o Campionato Galego Balonmán Praia, terá lugar esta fin de semana, 21 e 22 de xuño, na Praia Fluvial de Goián. O horario será o seguinte: o sábado, de 10h. a 20h. e o domingo, de 10h. a 20h.
As categorías serán as de Senior (maiores de 16 anos), Xuvenil, Cadete, Infantil e Alevín.
Modalidades: Senior Masculino – Senior Feminino
Xuvenil Masculino – Xuvenil Feminino
Cadete Masculino – Cadete Feminino
Infantil Masculino – Infantil Feminino
Alevín Mixto
Inscrición: Custe de participación: 30€* / equipo senior. (Será obrigatorio que o equipo este inscrito no Campionato Galego.
Custe de participación: 20€* / resto modalidades. (Será obrigatorio que o equipo este inscrito no Campionato Galego).

Para inscribirse: www.verandeportivo.com.