09 Mai 2017 Esta noite remata o prazo para inscribirse no IV Duatlón Popular de Tomiño, organizado por ADETO coa colaboración do Concello e Fegatri, e que terá lugar este sábado

ADETO (Asociación de Autónomos de Comercio, Hostalería e Industria de Tomiño ) coa colaboración do Concello de Tomiño, e a Federación Galega de Tríatlon (Fegatri), organiza a IV DUATLÓN POPULAR DE TOMIÑO, que se celebrará o sábado, 13de Maio, a partir das 18.30 horas no centro de Tomiño.

Dado o carácter popular e solidario da proba, poderán participar todas as persoas que o desexen, con límite de idade (a partir de cadete nados no ano 2002 e anteriores), podendo inscribirse tanto federados, coma non federados.

Máis información:

http://fegatri.org/wp-content/uploads/2017/02/memoria-e-regulamento-V3.pdf

 

Inscricións:

https://www.rockthesport.com/evento/ivduatlonpopulardetomio



X