Este sábado, 12 de maio, nova Barferencia no Mercado Municipal de Tomiño Diversificación do aproveitamento do monte, coa comunidade de montes de Couso, con proxectos financiados a través do GDR, e que está a ter bos resultados na produción de cogumelos en árbores microrrizadas

Tras a interesante BARFERENCIA do pasado sábado sobre os riscos da minaría para os nosos montes e sobre a “LEI DE DEPREDACIÓN DE GALICIA”, o grupo de voluntariado do Concello de Tomiño, continúa coas súas charlas de carácter informal no mercado municipal.

Este sábado 12 de maio falaremos da diversificación do aproveitamento do monte, coa comunidade de montes de Couso, que ten varios proxectos financiados a través do GDR (Grupo de Desenvolvemento Rural) e que está a ter bos resultados na produción de cogumelos en árbores microrrizadas. No primeiro andar do mercado, de 12 a 13 horas.